Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do texto refundido do Plan parcial SUD-11 e avaliación ambiental estratéxica (expediente FG nº 560).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 25 de abril de 2013, acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

«Aprobar definitivamente o documento denominado texto refundido do Plan parcial do sector SUD-11 e documento de avaliación ambiental estratéxica (3.4.2013 nº 3872), que engade a memoria ambiental, en cumprimento do escrito nº 33413 do 22.11.2012, de requirimento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coas seguintes condicións:

Corresponde aos promotores do plan parcial Asociación Xestora do Sector de Xaz realizar o seguimento dos efectos no ambiente derivados da execución do plan parcial e a posta en funcionamento da urbanización e o campo de golf. Para o efecto correspóndelles realizar os controis establecidos na memoria ambiental de acordo cos indicadores establecidos no anexo II da memoria, sen prexuízo de que poidan establecelo como obxectivos da xunta de compensación que se constitúa e da súa transformación en entidade de conservación para o cumprimento desta misión unha vez que se disolva aquela».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén se poderá interpor o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no número 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1) e 105.2) da devandita lei.

Oleiros, 8 de maio de 2013

Ángel García Seoane
Alcalde presidente