Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19885

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 79/2013, do 30 de maio, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de maio de dous mil trece, concédeselle a Medalla Castelao a:

– Ursula Heinze

– Carlos Núñez Muñoz

– María Hilda Rodríguez Rodríguez

– Coral de Ruada

– Corporación Hijos de Rivera, S.L.

– The Chieftains

Santiago de Compostela, trinta de maio de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza