Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento L-11-POI-06.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro e perda de dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. L-11-POI-06 (Orde do 11 de abril do 2006 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2006 as axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar o reintegro e perda de dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. L-11-POI-06.

Interesado: Sociedade Cooperativa Galega Oreta Xida.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón y Cajal, 2, 1º, 27500 Chantada, Lugo.