Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20078

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, convocado por Resolución 4/2012 do 2 de maio de 2012 (DOG nº 137, do 18 de xullo), dun posto vacante de xefe/a da Sección de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do Hospital de Verín.

Por Resolución 4/2012, do 2 de maio de 2012 (DOG número 137, do 18 de xullo) convocouse para a súa provisión, polo sistema de avaliación colexiada, un posto vacante de xefe/a da Sección de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da comisión de valoración a que se fai referencia na base sétima, e á vista do currículo profesional e da defensa do proxecto técnico de xestión polo aspirante, que constan nas actas da devandita comisión,

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG número 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG número 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG número 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG número 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG número 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde.

ACORDA:

Primeiro. Adxudicar o posto de traballo convocado ao aspirante que obtivo a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes ao desta resolución.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O aspirante nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 7 da Orde do 24 de maio de 2006, avaliará fundamentalmente a actividade realizada para a implantación do proxecto técnico e o cumprimento dos obxectivos tomados en conta no proceso de selección.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 11 de abril de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefe/a da Sección de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica.

Nome e apelidos: Diego Novillo Casal.

DNI: 33295259-E.