Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19963

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no primeiro cuadrimestre de 2013

Descrición

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

15.1.2013

0

Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes do Máster oficial en metodoloxía da investigación en ciencias sociais: innovacións e aplicacións

30.1.2013

0

Addenda ao convenio marco de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión (SIX) de residuos de pilas e acumuladores

8.2.2013

0

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Emerxencias e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sobre comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de meteoroloxía e climatoloxía en Galicia para a atención de emerxencias e protección cidadá

19.2.2013

0

Convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e a sociedade ecolóxica para a reciclaxe dos envases de vidro (Ecovidrio)

20.2.2013

0

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Fundación La Caixa en materia de espazos naturais protexidos

1.3.2013

350.000

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre as consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ferrol para dotar de equipamento escénico o Auditorio de Ferrol, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

2.4.2013

884.981

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Autoridade Portuaria de Vigo para a protección do ambiente e preservación dos recursos naturais no contorno do porto de Vigo

8.4.2013

0

Addenda nº 4 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Baiona para a execución de obras en materia de urbanismo

9.4.2013

1.280.000,20

Addenda nº 7 ao convenio entre as extintas consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Lugo para a construción do Centro Cultural-Auditorio de Lugo

11.4.2013

19.443.877,98