Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19573

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (113/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1, en substitución, de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 113/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Consuelo Vilas Rodríguez contra a empresa Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puentes, S.C., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e a administración concursal, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Decido que, estimando a demanda formulada por Consuelo Vilas Rodríguez contra Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C. e, así mesmo, o administrador concursal Enrique Ángel Barros López, e o Fondo de Garantía Salarial, declaro a resolución do contrato de traballo que une as partes con data de efectos desta resolución de 6.5.2013, e condeno as demandadas a aboar solidariamente á demandante a indemnización correspondente, e que ascende a 19.511,56 euros, e debo condenar e condeno as entidades demandadas ao pagamento de 7.006,41 euros á demandante por salarios impagados, engadíndose o aboamento do xuro por demora do 10 % (artigo 29.3 ET).

Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá de ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte o da notificación da sentenza.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo. E para que sirva de notificación en legal forma a Peletería Pepe Nieto, S.L., a María del Carme Hombre Porto e José Nieto Puentes, S.C., en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

A secretaria xudicial