Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 0000903/2011 correspondente ao recurso contencioso-administrativo interposto por Telecidade, S.A. contra a Resolución do 28 de xullo de 2011, do secretario xeral de Medios, relativa aos expedientes sancionadores acumulados SX MEDIOS 1/2011 e SX MEDIOS 2/2011.

A Secretaría Xeral de Medios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, auto polo que se decide ampliar o recurso de referencia no que atinxe a incorporación do expediente administrativo relativo ao dito recurso do escrito asinado polo secretario xeral de Medios, con data do 25 de novembro de 2011, polo que se lle comunicaba a Telecidade, S.A. que dado que que se desestimaba –por Resolución do 13 de setembro de 2011– o recurso de reposición formulado pola dita mercantil contra a Resolución do 28 de xullo de 2011 pola que este órgano administrativo acorda a sanción administrativa correspondente, indicábaselle que a sanción imposta deberá facerse efectiva ingresando o seu importe no número de conta que se indica no impreso que se achega e no prazo que se sinala no anexo a esta comunicación. De non proceder o interesado ao pagamento da sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pola presente e seguindo o auto do TSXG do 2 de maio de 2013, remítese a resolución obxecto de ampliación do recurso á referida sala, o que se notifica aos restantes interesados: Rías Baixas de Producciones, Vídeo y Televisión, S.L.; Unión de Televisiones Gallegas, S.A. e Faro de Vigo, S.A.U., para xeral coñecemento de todas as persoas, físicas ou xurídicas, interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte á recepción deste emprazamento e, en todo caso, á da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios