Convocada mediante a Resolución do 11 de marzo de 2013 (DOG nº 68, do 9 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador de servizo de atención primaria), anunciado pola Resolución do 11 de marzo de 2013 (DOG nº 68, do 9 de abril).
Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 29 de abril de 2013
Mario González González
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: coordinador do Servizo de Atención Primaria de Coruxo.
Nome e apelidos: Luis Mariano Álvarez Viloria.
DNI: 34248145-H.