Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 15 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Gravas e Áridos do Louro, S.L. o requirimento de documentación no expediente da concesión de explotación denominada Cillarga número 2668.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Gravas e Áridos do Louro, S.L. requirimento de documentación no expediente da concesión de explotación Cillarga nº 2668.

Comunícase que o devandito expediente atópase á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 15 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra