Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 13 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0013/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 13 de maio de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Adolfo Krug del Sel.

Expedientes: ES-P-0013/13.

Último domicilio coñecido: Urbanización Miñor, núm. 61, Gondomar, Pontevedra.

Indicación do contido: notificáselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0013/13 contra Adolfo Krug del Sel como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 110 e 112 da Lei 18/2008, 26 de decembro, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle ao interesado un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, de ser o caso, propoñer probas concretando os medios de que pretenda valerse.