Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19364

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013, da Dirección da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta unidade no primeiro cuadrimestre de 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013

Pablo Galego Feal
Director da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

Anexo

Convenio

Importe económico

Data
da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, para o ano 2013.

1.417.914,00 €

11.3.2013

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Astellas Pharma, S.A. para a organización do curso de xestión clínica, dentro do ámbito da Escola de Directivos Sanitarios de Galicia.

4.000,00 €

7.3.2013