Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT avenida de Santiago 45, no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/14-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribucion S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT avenida de Santiago, 45.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV, de 23 m de lonxitude, con condutor RHZ1 e orixe na LMT VLL814 ao CT 32C×81 (avenida de Santiago, 45) e remate na LMT ao CT 32CR13 (Río Camba) con entrada e saida no CT proxectado avenida de Santiago, 45, non prefabricado, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 40.509,55 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 6 de maio de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense