Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 11 da citada Resolución do 7 de marzo de 2013, en diante bases reguladoras, estanse a analizar as solicitudes achegadas polos concellos e agrupacións de concellos de Galicia que se acolleron á presente convocatoria de axudas.
Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.
O artigo 12.2 das bases reguladoras dispón: «Tales requirimentos de emenda serán notificados de acordo co establecido na Lei 30/1992; porén, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b da devandita lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e a través do taboleiro electrónico habilitado para estes efectos na páxina web do Inega (www.inega.es), onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai. Poderase facer indicación expresa de que os seguintes actos administrativos do procedemento serán notificados a través do citado taboleiro».
En virtude do anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) daquelas solicitudes xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recollen no anexo desta resolución.
Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no taboleiro electrónico, ao que se accederá a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas concellos iluminación exterior 2013».
Terceiro. De acordo co disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras no suposto de que non se atenda ao requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, considerarase que desistiu na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Solicitudes suxeitas a emenda de documentación
IN417P-Renovación das instalacións de iluminación pública exterior (ILE)
Cód. solicitude |
NIF |
Datos do concello ou agrupación de concellos |
IN417P/13A3 |
P1508600B |
Touro |
IN417P/13A4 |
P3605300G |
Soutomaior |
IN417P/13A12 |
P3205900H |
O Pereiro de Aguiar |
IN417P/13A13 |
P3206000F |
A Peroxa, Coles e Amoeiro |
IN417P/13A14 |
P1505900I |
Oleiros |
IN417P/13A17 |
P3603600B |
Oia |
IN417P/13A18 |
P1506600D |
Comarca do Sar |
IN417P/13A19 |
P2700500H |
Barreiros |
IN417P/13A20 |
P3605700H |
Vigo |
IN417P/13A21 |
P2701300B |
Cervo, Xove e Burela |
IN417P/13A24 |
P3600600E |
Cambados e O Grove |
IN417P/13A26 |
P3201800D |
Carballeda de Valdeorras |
IN417P/13A28 |
P2701100F |
Castroverde |
IN417P/13A31 |
P3200400D |
Arnoia, Beade, Cortegada e Leiro |
IN417P/13A32 |
P1506500F |
Paderne |
IN417P/13A34 |
P2703100D |
Monforte de Lemos |
IN417P/13A36 |
P3602100D |
Gondomar |
IN417P/13A37 |
P1507400H |
Ribeira e Porto do Son |
IN417P/13A38 |
P1506700B |
O Pino |
IN417P/13A40 |
P3605900D |
Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces |
IN417P/13A42 |
P3202400B |
Castro Caldelas e A Teixeira |
IN417P/13A43 |
P3603800H |
Pontevedra |
IN417P/13A45 |
P3204400J |
Maceda, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas |
IN417P/13A49 |
P1500100A |
Abegondo |
IN417P/13A50 |
P3208800G |
Vilamarín |
IN417P/13A51 |
P1509200J |
Vilarmaior |
IN417P/13A52 |
P1501500A |
Cabanas |
IN417P/13A53 |
P3201700F |
Calvos de Randín |
IN417P/13A54 |
P2703700A |
As Nogais, Baralla e Triacastela |
IN417P/13A55 |
P3208600A |
Verín e Vilardevós |
IN417P/13A59 |
P3602300J |
A Guarda |
IN417P/13A60 |
P3205500F |
Ourense |
IN417P/13A66 |
P1503100H |
Culleredo |
IN417P/13A68 |
P3604500C |
Redondela |
IN417P/13A69 |
P1508400G |
Toques |
IN417P/13A70 |
P3205100E |
Monterrei, Cualedro, Laza e Oímbra |
IN417P/13A72 |
P1500900D |
Betanzos |
IN417P/13A73 |
P1509300H |
Vimianzo |
IN417P/13A74 |
P1504900J |
Miño |
IN417P/13A75 |
P3603400G |
As Neves |
IN417P/13A76 |
P1501400D |
Cabana, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Laxe |
IN417P/13A77 |
P2703300J |
Muras |
IN417P/13A78 |
P1504500H |
Mañón |
IN417P/13A80 |
P2702100E |
Xermade |
IN417P/13A81 |
P2702200C |
Guitiriz |
IN417P/13A83 |
P1504200E |
A Laracha e Arteixo |
IN417P/13A84 |
P3207000E |
Ribadavia |
IN417P/13A88 |
P2701600E |
Chantada e Carballedo |
IN417P/13A89 |
P1502400C |
Cerceda |
IN417P/13A90 |
P3201500J |
A Bola e Alllariz |
IN417P/13A92 |
P3200700G |
Bande, Verea e Lobeira |
IN417P/13A93 |
P2700800B |
Bóveda, Paradela e Sarria |
IN417P/13A94 |
P3606100J |
Vilanova de Arousa |
IN417P/13A95 |
P1504300C |
Lousame, Ames e Brión |
IN417P/13A96 |
P1507800I |
Santa Comba |
IN417P/13A97 |
P3206400H |
A Pobra de Trives |
IN417P/13A98 |
P1505500G |
Narón |
IN417P/13A100 |
P1506800J |
A Pobra do Caramiñal |
IN417P/13A104 |
P3208900E |
Vilamartín de Valdeorras |
IN417P/13A108 |
P3600300B |
Baiona |
IN417P/13A111 |
P3602000F |
Agolada |
IN417P/13A112 |
P3205300A |
Nogueira de Ramuín |
IN417P/13A113 |
P1506100E |
Oroso |
IN417P/13A114 |
P3601300A |
Covelo |
IN417P/13A115 |
P1508700J |
Trazo, Ordes e Frades |
IN417P/13A116 |
P1506400I |
Oza dos Ríos |
IN417P/13A117 |
P2702000G |
Friol |
IN417P/13A118 |
P2705000D |
Quiroga e Folgoso do Courel |
IN417P/13A121 |
P3204600E |
Maside |
IN417P/13A123 |
P1500400E |
Ares |
IN417P/13A124 |
P2700300C |
Antas de Ulla, Taboada e Portomarín |
IN417P/13A125 |
P3201200G |
Beariz |