Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 37/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT Campo do Piñeiro-pista de pádel.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada ao novo CT Campo do Roxo, a 20 kV, cunha lonxitude de 163 m, coa orixe no paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio proxectado nº 50-5 que se intercalará na LMT SME-802, no tramo da derivada aos CT Fins (expediente 31.295) e Tresmontes (expediente 31.295), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240) Al, e final en paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio nº 50-6 existente que se substituirá por un novo apoio na LMT SME-802, no tramo da derivada aos CT Fins (expediente 31.295) e Tresmontes (expediente 31.295), despois de realizar entrada e saída no novo CT Campo do Roxo proxectado.

Novo centro de transformación non prefabricado Campo do Roxo, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña