Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (817/2012).

Nº autos: despedimentos/cesamentos en xeral 817/2012.

Demandante: Susana Miras Buján.

Avogado: Xavier Castro Martínez.

Demandados: Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Denim Sport Wear, S.L., Mixed Center, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Susana Miras Buján contra Don Vaquero Sport Wear, S.L., Denim Sport Wear, S.L., Mixed Center, S.L., rexistrado co nº 817/2012 acordouse citar a Don Vaquero Sport Wear, S.L., Denim Sport Wear, S.L., Mixed Center, S.L., todas elas en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707, o día 6 de xuño de 2013 ás 11.10 horas e 11.15 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberán acudir con todos os medios de proba de tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta, e demais resolucións e documentos que constan neste procedemento e no procedemento de despedimento nº 858/2012 acumulado ao presente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Don Vaquero Sport Wear, S.L., Denim Sport Wear, S.L., Mixed Center, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

A secretaria xudicial