Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012067TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 22 de marzo de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2012067TA-OU, a José Manuel Rodríguez Macía, con DNI 76711781, con domicilio na avenida do Bierzo, nº 73, esc. 1, piso 2, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a José Manuel Rodríguez Macía, con DNI 76711781, con domicilio na avenida do Bierzo, nº 73, esc. 1, piso 2, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situada na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco-Recadación Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de abril de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

1. Expediente sancionador: 2012067TA-OU.

Denunciado: José Manuel Rodríguez Macía.

Documento de identificación: 76711781.

Último enderezo coñecido: avenida do Bierzo, nº 73, esc. 1, piso 2, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).