Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 16 de maio de 2013 pola que se notifica requirimento do 30 de abril de 2013 de retirada de vehículo con matrícula LU-00991-R, abandonado no dominio público portuario do porto de Tragove-Cambados.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Sagunto, provincia de Valencia, a Ttes. J. Domenech Royo, S.L., con CIF B84103316, como propietario do vehículo semirremolque marca Lecitrailer, modelo SR3E, matrícula LU-00991-R e número de bastidor VV1SR3ESAFLL72422, o seguinte requirimento:

De acordo con acta informe levantada polo celador gardapeiraos con NIP 367126, ás 12.30 horas do 4 de xuño de 2012, na explanada onde se atopan depositados os bloques para o novo peirao do porto de Tragove, está estacionado un vehículo semirremolque marca Lecitrailer, modelo SR3E, matrícula LU-00991-R, desde hai meses, en claro estado de abandono e con gravísimos desperfectos segundo se pode apreciar nas fotos anexas á acta.

Solicitados datos á Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, o titular actual do vehículo é a mercantil Ttes. J. Domenech Royo, S.L., con CIF B84103316, e domicilio en Valls Canet Berenguer, 27, Sagunto, Valencia.

Considerando o exposto, e xa que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes, contado desde a notificación desta cédula proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Tragove-Cambados.

No caso de incumprirse este requirimento, Portos de Galicia, sen mais trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia