Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución de obra pública hidráulica que se cita non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2) Obxecto do contrato: obra.

Descrición: saneamento en Santo Estevo de Budiño. Salceda de Caselas-O Porriño (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.912.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8.

Medio e data de publicación da licitación: DOG número 134, do 13 de xullo de 2012.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.289.255,42 euros. Importe total: 1.521.321,40 euros.

Data de adxudicación: 19 de abril de 2013.

Importe de adxudicación. Importe neto: 1.121.652 euros. Importe total: 1.357.198,92 euros.

Data de formalización do contrato: 29 de abril de 2013.

Contratista: FCC Construcción, S.A.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 46: tratamento de augas residuais. Actuación. 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais e emisarios). Unha maneira de facer Europa.

4) Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG número 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file