Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 2 de abril de 2013, relativa ao proxecto modificado da LAT 132 kV Irixo-Lalín, nos concellos do Irixo (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra), promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A.

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 2 de abril de 2013, relativa ao proxecto modificado da LAT 132 kV Irixo-Lalín, nos concellos do Irixo (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra), promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A., e que se poderá consultar no enlace:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas