Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18690

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 3 de maio de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito á conselleira de Sanidade (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, nos das súas xefaturas territoriais, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unirlle á súa petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar algún dos postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable no caso de non emitirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal se seleccionou.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto algún dos postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, ou dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, excepto no caso de funcionarios/as doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Código do posto: SAS050000315770007.

Denominación do posto: Xefatura Servizo Réxime Xurídico.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo do posto: S.

Grupo: A1.

Nivel CD: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Corpo ou escala: xeral/estatutario Servizo Galego de Saúde.

Adscrición a administracións públicas: A16 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde).

Titulación académica: 2062 (licenciado/a en Dereito).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego) (RI).

Código do posto: SAS050000315770010.

Denominación do posto: Xefatura Servizo Recursos e Reclamacións.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo do posto: S.

Grupo: A1.

Nivel CD: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Corpo ou escala: xeral/estatutario Servizo Galego de Saúde.

Adscrición a administracións públicas: A16 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde).

Titulación académica: 2062 (licenciado/a en Dereito).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego) (RI).

missing image file
missing image file