Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de montaxe de maquinaria agrícola.

Mamut Technogy, S.L. solicitou a esta Acaldía licenza municipal para instalación de taller de montaxe de maquinaria agrícola na parcela 5 do polígono industrial de Barreiros. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG- para que poidan examinar o expediente na secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Barreiros, 20 de maio de 2013

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde