Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública sobre instalación de balsa de xurro en Cabarcos.

Caminero, S.A.T., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dunha balsa de xurro que se situará en Seoane, nº 9 (Cabarcos). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Barreiros, 16 de maio de 2013

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde