Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos número PO-135/13 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), dispón dun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o/a instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 16 e 18 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 7 de maio de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: PO-135/13 NL.

NIF: X-9.401.408-C.

Denunciada: Dejanira Jose da Silva.

Enderezo: r/ Castelo Casal, 8, 36995 Poio.

Establecemento: A Goulla-Paradela, 36616 Meis.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.