1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obras.
b) Descrición do obxecto: obras de construción dunha lonxa en Cesantes (Redondela, Pontevedra).
c) División por lotes e número: non leva.
d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato é de 9 meses.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 45000000-7.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 598.561,68 €. IVE (21 %): 125.697,95 €. Total: 724.259,63 €.
Valor estimado: 598.561,68 €.
5. Financiamento: fondos propios 25 %, Fondo Europeo de Pesca 75 %, no eixe 3, medida 3.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría D; grupo C, subgrupo 4 , categoría C.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Garantías exixidas.
Definitiva: 29.928,08 € (5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE).
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano (Edificio Espellos), Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 40 29 (consultas administrativas); 981 54 61 42 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18795
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo segundo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
12. Outras informacións.
Modificacións do contrato, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013
P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar