Convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2013 (DOG nº 38, do 22 de febreiro), a provisión de diversas prazas de coordinador de enfermaría do nivel de Atención Primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de coordinador de enfermaría do nivel de Atención Primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2013 (DOG nº 38, do 22 de febreiro).
Segundo. Nomear, para os postos que se indican, ás persoas citadas no anexo desta resolución.
Terceiro. Declarar deserta a convocatoria para a praza de coordinador de enfermaría do nivel de Atención Primaria, para o Servizo de Atención Primaria de Santa Comba por non concorrer ningún aspirante á dita convocatoria.
Cuarto. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución do Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e a Lei 25/2009, do 22 de decembro, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013
Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela
ANEXO
Posto: coordinador de enfermaría do Servizo de Atención Primaria de Boiro.
Apelidos e nome: Vázquez Vilas, Consuelo.
DNI: 36019860-C.
Posto: coordinador de enfermaría do Servizo de Atención Primaria de Lalín.
Apelidos e nome: Ruiz Vázquez, Ana Herminia.
DNI: 34952663-T.
Posto: coordinador de enfermaría do Servizo de Atención Primaria de Vite.
Apelidos e nome: Varela Meizoso, Oliva.
DNI: 32611603-H.