De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo, para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor e o xefe territorial respectivamente.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 29 de abril de 2013
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: CON-PO-0001/2013-V.
Interesado: Enrique Sampedro Piñeiro.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: ANP-PO-0059/2013-V.
Interesada: Áurea Álvarez Lago.
Acto notificado: incoación.
Expediente: ANP-PO-0058/2013-V.
Interesado: Ángel Alonso Álvarez.
Acto notificado: incoación.
Expediente: ANP-PO-0023/2013-V.
Interesado: Denis Iglesias Mariño.
Acto notificado: proposta de resolución.