Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 131/2013, do 19 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 19 de marzo de 2013, pronunciou a sentenza número 131/2013, ditada no procedemento ordinario nº 4320/2011, interposto por Bipahura, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos, en parte, o recurso contencioso-administrativo interposto por Bipahura, S.L. contra a Orde do 29 de abril de 2011 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sobre aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Lugo e anulamos a dita resolución, por ser contraria a dereito, no que se refire á delimitación do S.16-R, do cal deberán ser excluídas as dúas vivendas que dan fronte á avenida Marqués de Ombreiro. No demais, desestimamos o recurso. Non se fai imposición de custas.

Esta sentenza é susceptible do recurso ordinario de casación do artigo 86 da L.X.C.A. de 1998, que deberá prepararse mediante escrito que se presentará nesta sala no prazo de dez días.

Unha vez firme esta sentenza, devólvase o expediente administrativo ao centro da súa procedencia, xunto coa certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo