Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 17981

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013 pola que se publican os convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2013.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2013, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Agader

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega de Agader

Observacións

Agader e a EGAP

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

3.1.2013

Sen achega económica

Agader e a Administración xeral do Estado

Regular a integración no Banco de Terras de Galicia de predios con vocación agraria situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de titularidade da AGE

12.2.2013

Sen achega económica