Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de diverso material informático para a Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 107/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 107/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores, impresoras, software de xestión do posto de traballo, lectores de códigos de barras e impresoras de etiquetas para os distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 5.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega para os lotes 1, 2, 4 e 5 obxecto do presente contrato será de 3 meses, e para o lote 3 será de 1 mes, en ambos os casos, contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos que se van subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: 740.120,00 €, máis 155.425,20 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 895.545,20 € (oitocentos noventa e cinco mil cincocentos corenta e cinco euros con vinte céntimos de euro), distribuído segundo os lotes:

Lote 1: ordenadores completos (con pantalla).

348.600,00 € + IVE (73.206,00 €) = 421.806,00 €

Lote 2: impresoras.

75.000,00 € + IVE (15.750,00 €) = 90.750,00 €

Lote 3: licenzas de uso de software de xestión do posto de traballo.

120.000,00 € + IVE (25.200,00 €) = 145.200,00 €

Lote 4: lectores de códigos de barras.

20.200,00 € + IVE (4.242,00 €) = 24.442,00 €

Lote 5: impresoras de etiquetas.

176.320,00 € + IVE (37.027,20 €) = 213.347,20 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18919

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 25.6.2013

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano.

2. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido na letra 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 16.5.2013.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia