Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de abril de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia na tramitación do expediente de clasificación do monte denominado Grobas, solicitado a favor dos veciños da parroquia de Millarada, do concello de Forcarei.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado o 1 de abril de 2013 polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes veciñais en Man Común de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo Xurídico-Administrativo, con enderezo na rúa Fernández Ladreda, 43, 2º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 6 de abril de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra

ANEXO

Expediente: Monte Grobas.

Interesado: Jesús Sancho Rof.

NIF: 22308478V.

Acto notificado: apertura do trámite de audiencia no expediente de clasificación do monte Grobas, instado polos veciños da parroquia de Millarada (Forcarei).

Expediente: Monte Grobas.

Interesado: Manuel Aurelio Colmenero Guzmán.

NIF: 76813663B.

Acto notificado: apertura do trámite de audiencia no expediente de clasificación do monte Grobas, instado polos veciños da parroquia de Millarada (Forcarei).

Expediente: Monte Grobas.

Interesados: herdeiros de Victoria Madriñán Santorum.

Acto notificado: apertura do trámite de audiencia no expediente de clasificación do monte Grobas, instado polos veciños da parroquia de Millarada (Forcarei).

Expediente: Monte Grobas.

Interesados: herdeiros de José Manuel García Madriñán.

NIF: 35213053F.

Acto notificado: apertura do trámite de audiencia no expediente de clasificación do monte Grobas, instado polos veciños da parroquia de Millarada (Forcarei).