Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador INC-CO-0194/2012-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento sancionador INC-CO-0194/2012-SUB.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Organización e Control de Medios da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas en San Lázaro, s/n, 15707 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-CO-0194/2012-SUB.

Interesado: Forestal La Cabana (Lina Marcela Henao Aguirre).

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Último enderezo coñecido: r/ Alfoli, 15, 15624 Ares (A Coruña).