De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias.
As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Explotacións Agrarias situadas na Consellería do Medio Rural e do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Contra a resolución cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao día da notificación, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013
Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria
ANEXO
Interesado: Rodrigo Arias Folgar.
Expediente: 27/10/02009.
Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias.
Último enderezo coñecido: Suñide, 1, 27635 Samos (Lugo).
Interesado: Javier Blanco González.
Expediente: 32/10/00831.
Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias.
Último enderezo coñecido: O Pereiro de Alén, 16, 32710 O Pereiro de Aguiar (Ourense).
Interesado: Pedro Murias Martínez.
Expediente: 32/10/00462.
Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias.
Último enderezo coñecido: Cambela, 46, 32374 O Bolo (Ourense).
Interesada: Cunicultura A Fraga, S.L.
Expediente: 36/10/00502.
Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias.
Último enderezo coñecido: A Fraga, 18, 36950 Moaña (Pontevedra).