Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18017

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de maio de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade con establecido no artigo 29.2º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do mesmo texto refundido, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No caso de que resulte seleccionado para ocupar algún dos postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación no DOG, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderá procederse de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, e dun mes se radica nunha localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo. Este prazo empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderán formular directamente un recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO I

Denominación do posto: vicesecretario/a xeral.

Código do posto: ED.201.00.001.15770.001.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 18.025,32 euros.

Tipo de adscrición: A11 adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

Observacións: órgano estatístico sectorial (Decreto 24/2008).

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Construcións e Equipamento.

Código do posto: ED.201.00.004.15770.001.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Complemento específico: 18.025,32 euros.

Tipo de adscrición: A12 adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e administración local.

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Recursos Humanos.

Código do posto: ED.C99.10.000.27001.080.

Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 12.518,28 euros.

Tipo de adscrición: AXG adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Recursos Humanos.

Código do posto: ED.C99.10.000.32001.080.

Dependencia: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 12.518,28 euros.

Tipo de adscrición: AXG adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Recursos Educativos Complementarios.

Código do posto: ED.C99.10.000.32001.148.

Dependencia: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/docente.

Complemento específico: 12.518,28 euros.

Tipo de adscripción: A17 adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Recursos Educativos Complementarios.

Código do posto: ED.C99.10.000.36001.180.

Dependencia: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/docente.

Complemento específico: 12.518,28 euros.

Tipo de adscrición: A17 adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

missing image file
missing image file