Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración de equipamento de comunicacións para a rede de almacenamento Fibre Channel do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050 (AB-SER1-13-027).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-13-027.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento de comunicacións para a rede de almacenamento Fibre Channel do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: tres meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 32400000-7.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-40

Solución técnica equipamento fibre channel

0-40

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-60

Oferta económica

0-40

Período de garantía

0-20

4. Valor estimado dos contratos: 87.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 87.000 euros. Importe total: 105.270 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 das follas de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no número 19 da carátula, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela,

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: ver número 27 das follas de especificacións. Cofinanciado a través dos convenios establecidos pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Economía e Competitividade enmarcados no Programa operativo I+D+i por e para o beneficio das empresas – Fondo Tecnolóxico 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 02, correspondente o Fondo de Desenvolvemento Rexional Europeo Feder, que cofinancia estes proxectos nun 80 % do seu importe global.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos