Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17761

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Importe

(euros)

Data

sinatura

Convenio co Hogar Gallego de Ancianos en Bos Aires (Domselar)

Desenvolvemento de programas de atención socio-sanitaria

40.000,00 €

8.3.2013

Convenio coa Casa de Galicia en Montevideo

Desenvolvemento de programas de atención socio-sanitaria

35.000,00 €

9.3.2013

Convenio co Hogar Español de Ancianos en Montevideo

Desenvolvemento de programas de atención socio-sanitaria

60.000,00 €

9.3.2013

Convenio co Centro Gallego de Mar del Plata

Desenvolvemento de programas de atención socio-sanitaria

30.000,00 €

10.3.2013

Convenio coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba

45.000,00 €

25.3.2013

Convenio coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Facilitar aos emigrantes galegos e descendentes o acceso ao Arquivo Histórico Diocesano para a busca das súas orixes ou a documentación necesaria para solicitar a nacionalidade española

10.000,00 €

8.4.2013

Convenio coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Facilitar aos emigrantes galegos e descendentes o acceso ao Arquivo Histórico Diocesano para a busca das súas orixes ou a documentación necesaria para solicitar a nacionalidade española

3.000,00 €

8.4.2013

Convenio coa Diocese de Ourense

Facilitar aos emigrantes galegos e descendentes o acceso ao Arquivo Histórico Diocesano para a busca das súas orixes ou a documentación necesaria para solicitar a nacionalidade española

4.000,00 €

8.4.2013

Convenio coa Diocese de Tui-Vigo

Facilitar aos emigrantes galegos e descendentes o acceso ao Arquivo Histórico Diocesano para a busca das súas orixes ou á documentación necesaria para solicitar a nacionalidade española

3.500,00 €

8.4.2013

Convenio coa Diocese de Lugo

Facilitar aos emigrantes galegos e descendentes o acceso ao Arquivo Histórico Diocesano para a busca das súas orixes ou a documentación necesaria para solicitar a nacionalidade española

4.000,00 €

23.4.2013

Convenio coa Fundación de Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV)

Prestación de asistencia sanitaria e farmacolóxica a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

60.000,00 €

25.4.2013

Convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Caracas

20.000,00 €

25.4.2013

Convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela)

30.000,00 €

25.4.2013

Convenio coa Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos (Brasil)

12.000,00 €

27.4.2013

Convenio coa Sociedade Recreio dos Anciaos de Río de Janeiro (Brasil)

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos

20.000,00 €

28.4.2013