Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de desistencia de axudas para a promoción do emprego (TR343A 2012/44-5).

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poidan ter coñecemento dela.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e obter unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 24 de abril de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2012/44-5.

DNI/NIF/CIF: 35319496Y.

Nome ou razón social: María del Carmen Álamo Eirás.

Último enderezo coñecido: San Pedro de Alcántara, 3 baixo, 36003 Pontevedra.

Tipo de axuda: subvención pola contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 23.11.2012.