Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador CAZ-PO-0002/2013 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor e o xefe territorial, respectivamente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 24 de abril de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: CAZ-PO-0002/2013-V.

Interesado: Miguel Ángel Álvarez Navos.

Acto notificado: resolución.

Expediente: PES-PO-0008/2013-V.

Interesado: Ignacio Borja Torres.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: ANP-PO-0057/2013-V.

Interesado: Héctor Iglesias Romero.

Acto notificado: incoación.

Expediente: ANP-PO-0020/2013-V.

Interesado: Jorge Silva Ferreira.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: ANI-PO-0024/2013-V.

Interesado: Óscar Fontao Folla.

Acto notificado: incoación.