Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17785

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior

En consecuencia, e para cumplir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Acordo entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria e a Comunidade Autónoma de Galicia para fixar as condicións da adquisición agregada de produtos sanitarios e medicamentos

Sen achega económica

7.12.2012

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a xestión de axudas do programa nacional de mobilidade de recursos humanos de investigación

Sen achega económica

18.12.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Ourense (Afaor) para ceder o uso dunha sala na planta de neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Sen achega económica

18.12.2012

2ª addenda ao convenio de colaboración asinado o 3 de abril de 2007 entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña para o desenvolvemento de programas de I+D+I

150.000,00 €

21.12.2012

8ª addenda ao convenio de colaboración asinado o 18 de xullo de 2007 entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago para o desenvolvemento de programas de I+D+i

150.000,00 €

21.12.2012

5ª addenda al convenio de colaboración asinado o 3 de abril de 2007 entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo para o desenvolvemento de programas de I+D+i

150.000,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos e Pfizer, S.L.U. para a posta en marcha dun programa de fomento e mellora da vixilancia da enfermidade pneumocócica invasora en Galicia

Sen achega económica

21.12.2012

Acordo de prórroga do convenio trilateral de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a entidade pública empresarial RED.ES para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no sistema nacional de saúde, programa Sanidade en Liña fase II

Sen achega económica

26.12.2012

Convenio específico de colaboración entre a Administración xeral do Estado, a través do Instituto de Salud Carlos III e a Comunidade Autónoma de Galicia, no programa de estabilización de investigadores e de intensificación da actividade investigadora no Sistema Nacional de Saúde

Sen achega económica

27.12.2012

Acordo de prórroga do convenio de colaboración polo que se formaliza a encomenda de xestión de Muface e a Consellería de Sanidade para a prestación de funcións de asesoramento e informe

Sen achega económica

28.12.2012

Convenio-addenda VII ao acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables

Sen achega económica

14.1.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde con Aspanas Termar para a cesión dun local no Hospital de Toén para o arranxo de camas do servizo de préstamo a familias

Sen achega económica

6.2.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Vila do Conde, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia Vila do Conde

Sen achega económica

15.2.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Hermanas Hospitalarias del Sagrado Corazón de Jesús para a organización da prestación farmacéutica no centro Pai Menni Hermanas Hospitalarias

Sen achega económica

15.2.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Santa María de Ois, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia Santa María de Ois

Sen achega económica

15.2.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o centro de maiores Bardella, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia Monte Tecla

Sen achega económica

15.2.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Autismo Ourense, para a cesión do uso da piscina do servizo de rehabilitación do hospital de Piñor (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras)

Sen achega económica

18.2.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Fundación BBVA e a Fundación Carolina para a convocatoria dunha bolsa de especialización profesional de cardioloxía no programa de formación de postgrao do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (estrutura de xestión integrada da Coruña)

Sen achega económica

20.2.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) para o ano 2013

1.417.914,00 €

11.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

824.451,00 €

14.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas tuteladas dos alumnos/as do Grao en Nutrición Humana e Dietética

Sen achega económica

15.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral da Coruña (Aspace) para a organización da prestación farmacéutica na Residencia de gravemente afectados Aspace

Sen achega económica

25.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga de A Coruña (ACLAD) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.497.809,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

151.553,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Exalcohólicos de Ferrolterra para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

97.434,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Luis Miguel Morás da Coruña para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

173.544,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico educativo Proxecto Home de atención e rehabilitación de drogodependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

840.572,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.331.371,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre el Servizo Galego de Saúde y a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

558.898,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados con alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

178.962,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais Aspaneps para a realización do programa de atención á saúde mental infanto-xuvenil na área de Ferrol

144.050,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

20.000,00 €

26.3.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no contorno sanitario

10.935,00 €

1.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

137.402,00 €

1.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

21.122,00 €

1.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

24.932,00 €

1.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

43.740,00 €

1.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

14.580,00 €

1.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia Farga para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores

23.085,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio aos enfermos mentais e aos seus familiares do programa Coidamos de Ti

84.384,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia), para o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares/coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente, e colaboración na formación continua dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados á Consellería de Traballo e Benestar

18.743,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

35.386,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociaciones Gallegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

65.408,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

94.770,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

24.932,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Itinera, Voluntarios en Saúde Mental para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva

15.698,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas, no contorno sanitario

28.895,00 €

2.4.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

6.000,00 €

18.4.2013