Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17674

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

SOLICITUDE de licenza municipal de obra e de actividade para o proxecto de ampliación dunha nave para a fabricación de pedras de xeo, localizada na Silva, Rodís, e promovida por Disjovi 2006, S.L.L. (clave MAS/75 2013).

José María García Regueiro solicitou a esta alcaldía unha licenza para a obra e a actividade promovida por Disjovi 2006, S.L.L., con CIF B-70047428, para un proxecto denominado proxecto de ampliación dunha nave para a fabricación de pedras de xeo, localizada na Silva, Rodís (clave MAS/75 2013).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 10 de abril de 2013

José García Liñares
Alcalde