Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 30 de abril de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0004/2013-VNA.

Denunciado: Gabriel Fernández Martínez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0011/2013-BIO.

Denunciado: José Carballo Otero.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0024/2013-BIO.

Denunciada: Milagros Núñez Domínguez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0023/2013-MP.

Denunciado: Manuel Rial Soto.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0136/2012-MP.

Denunciada: Sociedad Cooperativa El Plantel Comarcal de Betanzos.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0004/2011-TSA.

Denunciada: Nulucho Obras y Construcciones.

Acto de notificación: imposición 7ª multa coercitiva.

Expediente: MON-PO-0017/2013-CSA.

Denunciado: José Delmiro Lorenzo Vidal.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: ICA-PO-0020/2013-U.

Denunciado: Pedro Eugenio Galván.

Acto de notificación: proposta de resolución.