Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 25 de abril de 2013 de non someter a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee, promovida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee, promovida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1511/2013.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental