Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de abril de 2013 polo que se somete a información pública o trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada por Industrias Navales A Xunqueira, S.L. dunha concesión administrativa no porto de Meira (Moaña).

A empresa Industrias Navales A Xunqueira, S.L. solicitou a este ente público unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Meira con destino a ocupación de explanada para a explotación dunha zona de reparación de embarcacións e actividades complementarias.

O que, en cumprimento do artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia, faise público para que nun prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo obxecto que aquela, debendo reunir os requisitos previstos no artigo 84 do citado Real decreto lexislativo 2/2011.

As solicitudes poderán presentarse mediante escrito dirixido ao presidente do ente público Portos de Galicia, sito no Edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela. O plano de localización da concesión solicitada atópase á disposición do público para o seu exame en horas de oficina, nas oficinas da zona sur deste ente público na rúa Benito Corbal, núm. 37, 3º, Pontevedra, e na páxina web www.portosdegalicia.es

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia