Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Alfoz (expediente IN407A 2013/11-2, 8094 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma CT 11604 Vilaúde.

Situación: concello de Alfoz.

Características técnicas:

– Desmontaxe da LMTA a 20 kV de 24 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, de derivación ao CTC 11604 Vilaúde e demolición do CTC existente.

– LMTS a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado en apoio de celosía existente e final no CTC Vilaúde proxectado, cunha lonxitude de 15 metros en condutor tipo RHZ1-150.

– CT en edificio prefabricado tipo E.P. baixo poste, cunha potencia proxectada de 250 kVA, unha potencia inicial de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

– Adecuación das RBT do CTC 11604 Vilaúde.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo