Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 55/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT R/J. Pacual López Cortón.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea ao CT J. Pascual López Cortón a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,034 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS EIR-706 no tramo entre o CT nº 7 C.C. Espacio Coruña (expediente 653/2007) e o CT nº 1 C.C. Espacio Coruña, condutor tipo 2RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al), e final no CT J. Pascual López Cortón proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña