A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
3. Data: os días 28, 29, 30 de maio de 2013 e 4, 5 de xuño de 2013.
4. Lugar de realización: instalacións de Feiraco/Clesa, lugar de Soutelo-Saiar, 36659 Caldas de Reis (Pontevedra).
5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo I.
9. Programa:
Día 28.5.2013 |
|
16.30-17.00 h |
Introdución. |
17.00-17.30 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
17.30-19.00 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
19.00-20.45 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 29.5.2013 |
|
16.30-17.30 h |
Lexislación. |
17.30-20.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
20.00-20.45 h |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 30.5.2013 |
|
16.30-18.30 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
18.30-20.45 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
Día 4.6.2013 |
|
16.30-18.30 h |
Métodos de loita antivectorial. |
18.30-20.45 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
Día 5.6.2013 |
|
16.30-17.30 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
17.30-18.30 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
18.30-19.30 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
19.30-20.30 h |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: os días 28, 29, 30 de maio de 2013 e 4, 5 de xuño de 2013.
Lugar de realización do curso:
Instalacións de Feiraco/Clesa, lugar de Soutelo-Saiar, 36659 Caldas de Reis (Pontevedra).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: en horario de 16.30-20.45 h, agás o día 5 de xuño de 2013, que será en horario de 16.30-20.30 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase, como data límite o 21 de maio de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección:
Por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Nome................................................Apelidos................................................................
Cargo/actividade desempeñada....................................................................................
Empresa.......................................... Sector actividade..................................................
Enderezo...........................................................................................CP........................
Localidade........................................Provincia...............................................................
Teléfono.............................Fax.......................correo electrónico...................................