Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 25 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de rede de telecomunicacións, para centros da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o servizo de administración, monitorización e xestión da dita rede (AI-SER1-13-010).

Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 84, do 2 de maio de 2013, cómpre facer a seguinte corrección no relativo á garantía provisional exixida:

Na páxina 13838, onde di: «6. Garantías exixidas: Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.»; debe dicir: «6. Garantías exixidas: Provisional: si. Para o lote 1, 120.000 euros e para o lote 2, 20.000 euros. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.».