Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 40/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LAT 66 kV DC Mesón/Eirís-Sabón/Eirís (variante entre apoios 7/2 e 10).

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

– Tramo 1. Liña de alta tensión aérea a 66 kV, cunha lonxitude de 134,06 m, coa orixe no apoio nº 7/2 (existente), condutor dobre circuíto 147-AL1/ST1A (LA-180), e final en novo apoio 8/1.

– Tramo 2. Liña de alta tensión aérea a 66 kV, cunha lonxitude de 141,20 m, coa orixe no novo apoio nº 8/1, condutor tipo simple circuíto 147-AL1/ST1A (LA-180), e final en apoio 10 (existente).

– Tramo 3. Liña de alta tensión aérea a 66 kV, cunha lonxitude de 46,84 m, coa orixe no novo apoio nº 8/1, condutor tipo simple circuíto 147-AL1/ST1A (LA-180), e final en novo apoio 9/1.

– Tramo 4. Liña de alta tensión aérea a 66 kV, cunha lonxitude de 45,29 m, coa orixe no novo apoio nº 9/1, condutor existente tipo simple circuíto aluminio-aceiro 18.2, e final no apoio nº 2 (existente).

– Tramo subterráneo. Liña de alta tensión subterránea a 66 kV, cunha lonxitude de 543 m, coa orixe no apoio PAS 8/1 proxectado, condutor tipo RHZ1 36/66 kV 1×630 mm2 Al, e final en cámara de empalme E1 (existente).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña