Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos de Negueira de Muñiz.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 47/2012 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17995

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos de Negueira de Muñiz (Lugo).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45112330-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 105.568,63 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 105.568,63 €. Importe total: 127.738,04 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007/2013. Eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12.4.2013.

b) Data de formalización do contrato: 22.4.2013.

c) Adxudicataria: Calfensa Proyectos, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 105.568,63 €; importe total con IVE: 127.738,04 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

P.D. (Orde 15.3.2012, DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas