Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación de contratos cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) do programa operativo Feder 2010.

Resolución do 6 de maio de 2013, pola que se anuncia a licitación, cofinanciados nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) do programa operativo Feder 2010, expedientes número 2013/1001: referencia UNLC10-1E-1221; número 2013/1002: referencia UNLC10-1E-1285, e número 2013/1004: ref. UNLC10-1E-780, do período 2007-2013.

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, número 9, 1ª andar.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5. Telefax: +34 981 16 70 20.

6. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.es/contratacionadministrativa

8. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

• Número de expediente: 2013/1001.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: escáner láser para a cuantificación precisa de proteínas e ácidos nucleicos desde soportes sólidos mediante marcaxes radioactivas, fluorimétricas e de quimioluminiscencia, cofinanciado nun 70 % por Feder, programa operativo Feder 2010 (UNLC10-1E-1221).

c) Lugar de execución/entrega: Servizos de Apoio á Investigación. Unidade de Bioloxía Molecular, Laboratorio de Radioactivos da Facultade de Ciencias.

1. Domicilio: Campus da Zapateira

2. Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

d) Prazo de execución/entrega: dous meses.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38434500-1, 38522000-0.

– Valor estimado do contrato: 58.660,36 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 58.660,36 euros. Importe total: 70.979,04 euros.

• Número de expediente: 2013/1002.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistemas de preparación e introdución de mostra por extracción e microextracción en fase sólida para matrices sólidas e líquidas, cofinanciado nun 70 % por Feder, programa operativo Feder 2010 (UNLC10-1E-1285).

c) Lugar de execución/entrega: servizos de Apoio á Investigación. Unidade de Técnicas Cromatográficas

1. Domicilio: Campus de Elviña.

2. Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

d) Prazo de execución/entrega: tres meses.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38432200-4.

– Valor estimado do contrato: 83.951,89 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 83.951,89 euros. Importe total: 101.581,79 euros.

• Número de expediente: 2013/1004.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición dun equipamento servohidráulico e utensilios para a realización de ensaios triaxiais para avaliar a deformación permanente e a rixidez de materiais granulares e mesturas bituminosas, así como para avaliar a fatiga de mesturas bituminosas, cofinanciado nun 70 % por Feder, programa operativo Feder 2010 (UNLC10-1E-780).

c) Lugar de execución/entrega: ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

1. Domicilio: Campus de Elviña.

2. Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

d) Prazo de execución/entrega: 60 días.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38970000-5.

– Valor estimado do contrato: 111.298,88 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 111.298,88 euros. Importe total: 134.671,65 euros.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5% de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2. Domicilio: Reitoría. R/ Maestranza, número 9.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícanse no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría. R/ Maestranza, número 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1. Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxudicatarias a pro rata.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8-9 do Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 6 de maio de 2013

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña