Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 22 de abril de 2013 pola que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución dictada no expediente sancionador da Coruña número AC-151/11, por infracción leve en materia de turismo (CTSAN1 2011/151-1).

Mediante esta cédula e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle a Antonio Manuel del Río Lampón, co NIF 52450582W, e enderezo na Pobra do Caramiñal (A Coruña), a resolución da directora de Turismo de Galicia do recurso de alzada interposto contra a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo pola comisión de infraccións administrativas leves tipificadas na Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro (DOG nº 36, do 23 de febreiro), e que intentada polos medios habituais non se puido levar a efecto.

O interesado poderá examinar o seu expediente, e recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: CTSAN1 2011/151-1.

Resolución recurso de alzada: estimada en parte.

Data da resolución: 26 de febreiro de 2013.

Sanción de multa: 150,00 euros.

Comunícaselle que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa, sendo por tanto executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia